jueves, 1 de diciembre de 2016

CATÁLOGO DA COOPERATIVA RIOMAIOR

Ensiáamovos o catálogo da cooperativa Riomaior e o importante que é reempregar, e crear cos restos novos obxectos:


  Botádelle unha ollada aos productos que facemos os nenos da Cooperativa Riomaior e elixide o que máis vos gusta e aproveitade para facer algún agasallo na familia, esperamos os vosos pedidos no correo:  cooperativariomaior@gmail.com




jueves, 24 de noviembre de 2016

ECOPATRULLA NA FEIRA DE OUTONO


Incorporamos aos eventos da cooperativa a ecopatrulla, que recolle residuos para volvelos a usar ou reciclalos, dando exemplo á xente para que faga  mesmo:





jueves, 10 de noviembre de 2016

SAIMOS NO XORNAL, RIOMAIOR COMPOSTA


No seu primeiro evento a Cooperativa Riomaior amosou a importancia da compostaxe e vencellados sempre co concello deVilaboa, reflectiuse nos medios.
Clicade para leer a noticia do Faro de Vigo, secciòn Pontevedra:


https://plus.google.com/106291275792931004487/posts/Pgha9hxxiHQ

domingo, 30 de octubre de 2016

EVENTO SOBRE A COMPOSTAXE DA COOPERATIVA RIOMAIOR

Dende as 13:00 a Cooperativa Riomaior traballou sen descanso para preparar o evento, moitas prisas e cousas de última hora que case non nos derón tempo nin a comer xuntos o bocata. Pero todo estivo listo ás 16:3. Comezamos coa charla de Kiko, concelleiro de medio ambiente,cando rematou pouco a pocuo os  postos comezaron a encherse, de feito houbo momentos de moito axetreo. 
. En definitiva  ademáis de vender, prantar árbores, compostar, escoitar boa música da banda de Vilaboa e dar os premios a 3 afortunados que levaron para casa, cadanseu composteiro; o evento rematou, cunha gran satisfacción por parte da cooperativa e a boa sensación dun traballo en equipo ben feito.





miércoles, 26 de octubre de 2016

PINTADO DO MURO DO COMPOSTEIRO

Colaboramos co concello decorando o muro que hai xunto ao composteiro, para o día do evento da compostaxe:





lunes, 24 de octubre de 2016

ANUNCIO NÓS COMPOSTAMOS

Fixemos un anuncio, para que a xente veña ao evento da compostaxe e así aprenda a compostar,. Para iso faremos zumes e brochetas que daremos a xente, xunto cos restos para que composte, a este evento asistirá o alcalde de Vilaboa e o concelleiro de medioambiente.